Sunday 19 de May de 2024

Ovidio Rodeiro reivindica a plena vixencia do Camiño de Santiago como símbolo de identidade no que conflúen todos os galegos


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou convidado pola Deputación da Coruña, na apertura da mostra dos recursos máis representativos dos concellos coruñeses que conforman o Camiños de Santiago. No marco da praza Irmáns García Nabeira, Rodeiro reivindicou a plena vixencia da ruta xacobea, que “continúa a ser un fenómeno plenamente actual e convértese no noso símbolo de identidade” que sitúa a Galicia como marca e como destino.

“Estamos ante un dos principais elementos da Marca Galicia”, sinalou o delegado, quen engadiu que “temos que ver o impulso do Camiño como unha ferramenta para o desenvolvemento social e económico e como un vehículo que dá a coñecer Galicia no mundo”. Ovidio Rodeiro rematou a súa intervención a gozar da gastronomía. “Non debemos esquecer que a cociña galega constitúe a segunda razón, logo da Natureza, pola que os turistas visitan a nosa terra”.